martes, 31 de marzo de 2020

REPRESENTACIÓN DUN CONTO

Eliximos un conto coñecido e intentamos representalo incluíndo vestiario, escenas…
Podedes mandarme a foto para que despois a colgue no blog!

IMPROVISACIÓNS

Podedes inventar un ou elixir o que máis vos guste: 
De excursión á praia ou ao campo.
Coller o bus para ir ao cole.
Estar no parque cos nosos amigos/as…

AO ESCENARIO

Imos facer de actores e actrices no noso propio teatro!!

lunes, 30 de marzo de 2020

O PAÍS DOS LENTOS

Organizamos unha carreira na que gañará o que, sen parar en ningún momento, chegue de último.



OS XOGUETES

Eliximos un e imitamos os seus movementos e formas de desprazamento. Despois dunha sinal comeza a quedar sen pila e terá que ir sendo todo máis lento hasta parar. Por exemplo, un robot que anda e chora, canciño que corre e salta, paiaso que toca tambor camiñando...



OS ANIMAIS

Imitamos diferentes animais con xestos e sons (tigre, elefante, loro, pingüino, rá, gato, can, mono, canguro, galo, pato, canario, koala, foca...).


UNHA PERSOA...

  1. Metida nunha caixa de cristal pechada.
  2. Nunha caixa máis grande ou máis pequena, con expresións de angustia, relax...
  3. Libre polo espazo, sen a gravidade na Lúa.
  4. Paseando en bicicleta.
  5. Desplazándose en piragua, saltar ao río e nadar.
  6. Nunha carreira de obstáculos que despois gaña ao chegar á meta.
  7. Todo o que a túa imaxinación se lle ocurra.

AS MÁQUINAS

Imitaremos máquinas con desprazamento (coches, motos, barcos, aviones, bicicletas...) e sen desprazamento (electrodomésticos e os movementos para utilizalos).


VAI DE IMITAR!!


DEBEREMOS IMITAR COMO MELLOR POIDAMOS 
AS ACTIVIDADES PROPOSTAS!😊

ÚLTIMA SEMANA DO TRIMESTRE!

Nesta semana imos traballar a expresión corporal, preparédevos para ser uns artistas!
Cada día teredes unha actividade diferente para que facer no momento do día que prefirades.
Non esquezades repetir as rutinas das semanas anteriores e as coreos de zumba para non perder a excelente forma física que tiñamos😜.
Ánimo!!

lunes, 23 de marzo de 2020

MOVENDO A VIDA (5º E 6º)

http://recursostic.educacion.es/primaria/ludos/web/c/01/index.html


A GRAN PIRÁMIDE (3º,4º)

http://recursostic.educacion.es/primaria/ludos/web/b/02/index.html


UN DÍA NO CIRCO (2º ,3º)


http://recursostic.educacion.es/primaria/ludos/web/a/01/index.html


RUTINA 4


COMEZA UNHA NOVA SEMANA!

Comezamos unha nova semana con enerxía e moito ánimo!
Como foron esas dúas cancións de zumba?
Estades reservando polo menos media horiña diaria para mover o corpo coas rutinas que vou poñendo? 
Agora sodes vós quen elixides o momento do día!! Propoñerei cousas novas, a ver quen o consegue...
Xa sabedes que se queredes preguntar algo, mandar foto facendo deporte na casa, debuxos...podedes mandarme a mensaxe no lateral esquerdo. 
Elixide un saúdo da foto e recibideo con todo o agarimo do mundo para cada un de vós!!😂😂



lunes, 16 de marzo de 2020

E SOBRE TODO...


POUCO A POUCO IREI ENGADINDO IDEAS!!

QUENTADE ANTES E ESTIRADE DESPOIS!



Podemos poñer música que nos gusta e bailar sen parar!! Deixo a que sempre poño nos xogos!!

I like to move it

MINIONS

ZUMBA!!

Para comezar imos movernos de forma divertida para así traballar o ritmo, o corpo e a memoria entre outras. 

BENEFICIOS 

  1. PESO CONTROLADO, MAIOR FLEXIBILIDADE, FORTALECEMENTO DE ÓSOS E MÚSCULOS.
  2. MELLOR COORDINACIÓN E EXPRESIÓN CORPORAL.
  3. SOCIALIZACIÓN, LIBERACIÓN DO ESTRÉS, VALORES DE ESFORZO E SUPERACIÓN, AUTOESTIMA...
  4. MEMORIA

LAMENTABLEMENTE...



ESTAMOS NUN MOMENTO DIFÍCIL QUE, SEN DÚBIDA, PASARÁ.
NESTAS 2 SEMANAS NON PODEREMOS SAIR DA CASA NIN TER EDUCACIÓN FÍSICA.
MOVER O CORPO É FUNDAMENTAL. DEBEMOS INTENTAR OCUPAR UNHA PARTE DO DÍA MOVÉNDONOS, XOGANDO, CON RITMO, DE FORMAS ORIXINAIS, USANDO A IMAXINACIÓN,..
DEIXAREI IDEAS PARA QUE POIDADES MANTER A FORMA NESTES DÍAS PERO TODO É VÁLIDO PARA QUE OS NOSOS MÚSCULOS E ÓSOS ESTEAN EN TOTAL ACCIÓN.
TODAS E TODOS XUNTOS SOMOS UN EQUIPO CONTRA ESTE VIRUS, PODEMOS!!