miércoles, 22 de abril de 2020

ADIVIÑA E FAI A POSTURA
















Practica a postura durante 30-40 segundos controlando a respiración. 
Relaxa a mente e corpo.

martes, 21 de abril de 2020

ABECEDARIO DE IOGA

INTENTADE FACER TODO O ABECEDARIO POUCO A POUCO,  DEBEMOS MANTER A POSTURA SOBRE 20 SEGUNDOS.


RUTINA 3

DADO IOGA

PARA ESTE XOGO SÓ PRECISAMOS UN DADO E A IMAXE DO TABLEIRO (QUE BEN PODE SER NA PANTALLA).
LÁNZASE O DADO E HAI QUE FACER AS POSTURAS QUE TOQUEN. A VER SE ALGUÉN DA CASA SE ANIMA CON VÓS!!

lunes, 20 de abril de 2020

NON PERDAS O NORTE

XOGO LIMPO


BÓLA QUE MOLA

OS ASTRONAUTAS

AS POSTURAS TEÑEN DIFERENTES NOMES




Practica a postura durante 30-40 segundos controlando a respiración. 
Relaxa a mente e corpo.

INICIAMOS NOVA SEMANA!

IMOS SEGUIR CO TRABALLO DE RUTINAS FÍSICAS E IOGA.
TODAS AS ACTIVIDADES QUE PROPOÑO PARA TODOS OS CURSOS SON PARA FACER NO MOMENTO QUE MELLOR VEÑA DO DÍA. 
SERÍA ESTUPENDO RECIBIR FOTOS, VÍDEOS OU DEBUXOS QUE IDES FACENDO NA CASA. ÁNIMO, PODEMOS!!💪

martes, 14 de abril de 2020

IOGA CON ANIMAIS

IOGA NA CASA

ROUPA CÓMODA
ESPAZO CONFORTABLE
MÚSICA RELAXANTE
RESPIRACIÓN RELAXADA

COMEZAMOS O ÚLTIMO TRIMESTRE!

AGARDO QUE TIVERADES BO DESCANSO!
DURANTE ESTAS PRÓXIMAS DÚAS SEMANAS IMOS TRABALLAR O IOGA E AS RUTINAS DE EXERCICIO FÍSICO.
POUCO A POUCO IREMOS INCORPORANDO ACTIVIDADES PARA PODER ESTAR EN FORMA.

viernes, 3 de abril de 2020

MERECIDO DESCANSO!!

COMO ESTA SEMANA PUXEN MOITAS ACTIVIDADES DIFERENTES PODEDES ENTRETERVOS ESTA VINDEIRA SEMANA CON ELAS.
SE NON É ASÍ TEMOS MERECIDO O DESCANSO.
ÁNIMOOOOO! PODEMOS!!

jueves, 2 de abril de 2020

AS MASAXES

Como agradecemento a quen xogou con nós parando a música, dámoslle unha masaxe comezando polos ombros, brazos, espalda, pernas, pés… 
Podemos usar unha pelota branda e intentamos facerlle rir cunhas poucas cóxegas. Despois estaría ben un cambio de rol.😋

ESTATUAS MUSICAIS CON SENTIMENTO

Poñemos música e cando a paren quedamos conxelados como estatuas poñendo caras que representen emocións (alegría, tristeza, medo, susto…).

XESTOS E RITMO

Debemos bailar cos xestos unha canción moi coñecida…
Poño ésta pero valería a que quixerades.

miércoles, 1 de abril de 2020

TEMPO DE ADIVIÑAR!

Representaremos diferentes situacións que o noso “público” debe adiviñar.
Debuxos animados: Movementos e accións típicas da Pantera Rosa, Mickey Mouse, Son Goku, Pájaro Loco, Correcaminos…Deportes: Movementos que fagan referencia a un deporte determinado.
Oficios: Terán que adiviñar de que oficio se trata.

O DESCANSO

Tumbados no chan deberemos imitar dormir con frío ou calor, roncar, ter pesadelos, durmir plácidamente, andar sonámbulo, imitar como durmen familiares…