lunes, 1 de junio de 2020

XOGOS CON MATERIAL RECICLADO (PARA 2º e 4º)

XOGAMOS A RECICLAR E COIDAR DO MEDIO AMBIENTE! AGARDO AS VOSAS FOTOS!
monicaobelleiro@gmail.com

SUAVIBALL:
Precisamos un bote de suavizante, deterxente ou similar. Cortamos pola metade, deixando o tapón posto (para que funcione a modo de cesto) no que coller e lanzar unha pelota.
APUNTEN
Precisamos unha folla dun xornal e un avión feito de papel por nós (tamén podemos probar despois cunha bóla de papel de aluminio ou similar). Tan fácil como ir apuntando aos buratos e ser quen de introducilo!

PELOTA E IOGUR: 
Precisamos un vaso de iogur, cordeliño e pelota de papel de aluminio. Faremos un buraco no vaso, meteremos o cordel, atámolo na parte de abaixo e no outro extremo atamos unha bóla de papel de aluminio. O xogo consiste en tratar de meter a bóla no vaso usando a forza do pulso.


No hay comentarios:

Publicar un comentario