lunes, 8 de junio de 2020

ACTIVIDADE FÍSICA NA PREHISTORIA (4º)


actividade física que tivo orixe na prehistoria, foi na danza, xogos rituais e outros acontecimentos marcando un antes e un despois na actividade física humana. 

As actividades están ligadas na supervivencia destas poblacións humanas primitivas:

Danza: Foi o comezo da expresión corporal que permitiu á vez un exercicio físico nos ritos relixiosos ao ritmo de sons rítmicos dun instrumento.

O xogo: Servía para a preparación física dos xóvenes para a súa vida adulta.

Caza: Precisaban unha preparación física extrema e permitíalles a supervivencia.

Nadar: Ao principio só chapoteaban pero despois de ter máis contacto coa agua melloraron a habilidade.

Saltar: Facíano de maneira involuntaria por xogar ou sentir o movemento. 
Hai estudos que aseguran que os primitivos saltaban de 1.30 a 2 metros.

Correr: Unha das actividades máis importantes na prehistoria xa que era actividade esencial para a loita pola existencia. 

Lanzar: Permitíalles someter as súas presas sen ter que arriscar a vida. Usaban  pedras, paus, mazas, xabalinas, étc.

Loita: Usábana como entrenamento físico, xogo e puro pracer, para demostrar autoridade, fortaleza, masculinidade e adquirir respecto entre las tribus que convivían.

SEGUIMOS PRACTICANDO MOITAS DAS ACTIVIDADES DA PREHISTORIA. MOITOS XA MANDASTES FOTOS CORRENDO, SALTANDO, NADANDO...

SE TEDES ALGUNHA FOTO CON ALGUNHA DESTAS ACTIVIDADES QUE AÍNDA NON MANDÁRADES... A:  monicaobelleiro@gmail.com




No hay comentarios:

Publicar un comentario