O OBXECTIVO É FOMENTAR UNHA VIDA SAUDABLE.
A PRINCIPAL DIFICULTADE É NON PODER IMPRIMIR AS CARTAS PERO PODEMOS DEBUXALAS.
AS REGLAS DO XOGO SON AS SEGUINTES:
- REPÁRTENSE 5 CARTAS POR XOGADOR/A E DÉIXASE UNHA CARA ENRIBA DE MOSTRA.
- COMEZA TIRANDO O XOGADOR/A QUE ESTÁ Á DEREITA DO QUE REPARTIU.
- SEMPRE SE TIRA UNHA CARTA DO MESMO NÚMERO E MESMA COR QUE A QUE TIROU O COMPAÑEIRO/A ANTERIOR.
- SE UN XOGADOR/A TIRA UNHA CARTA DE ACTIVIDADE, POR EXEMPLO, "ABDOMINAIS+5", O SEGUINTE PODE LANZAR OUTRA CARTA DE ACTIVIDADE DA MESMA COR, POR EXEMPLO, "ABDOMINAIS+3". SE O SEGUINTE XOGADOR NON TEN UNHA CARTA QUE SIGA SUMANDO, TERÁ QUE FACER 5+3 ABDOMINAIS, QUEDARÁ UNHA QUENDA SEN BOTAR CARTA E O XOGO CONTINÚA.
- NALGUNHAS CARTAS HABERÁ QUE RESOLVER UNHA CONTA OU CONTAR FIGURAS PARA AVERIGUAR QUE NÚMERO É.
- SE ALGUÉN LANZA UNHA FIGURA DE IOGA DEBERÁ PERMANECER A RONDA ENTEIRA FACENDO DITA FIGURA SEN PODER TIRAR CARTA.
- O COMODÍN PODE TIRARSE SEMPRE QUE SEXA A QUENDA DO XOGADOR.
No hay comentarios:
Publicar un comentario