martes, 25 de octubre de 2016

Un exemplo a seguir!

Esta mañá tivemos a gran oportunidade de coñecer a Gómez Noya despois de ter recibido o premio Princesa de Asturias. As súas palabras levaban unha das mellores ensinanzas que se poidan ter: esforzo, perseverancia, ganas, sacrificio, tenacidade...
Oxalá aprenderamos moitas cousas deste deportista tanto a nivel deportivo como persoal.
Agardamos que sigan os seus éxitos. Grazas polos agasallos!!


domingo, 18 de septiembre de 2016

XOGOS PARALÍMPICOS

O equipo español concluiu a súa participación nos Xogos Paralímpicos de Río 2016 cunha colleita total de 31 medallas (9 ouros, 14 platas e 8 bronces) en seis deportes: atletismo, baloncesto en silla de rodas, ciclismo, natación, tenis de mesa e triatlón.
Se pinchas na imaxe terás máis información.