lunes, 27 de abril de 2020

PARA 1º: OS TRANSPORTES

Xa que estamos con medios de transporte imos botar unhas carreiras según o transporte que toque.
Se podemos, inflamos un globo, atamos un cordeliño e imaxinamos que imos nunha viaxe polo aire. Que nos gustaría estar vendo baixo os nosos pés?


Botamos unha carreira imitando o son da moto e acelerando moito.

Se temos a bicicleta a man, podemos facer o corredor adiante e atrás.


Quen se anima a facer o tren por toda a casa con vós?

Como o noso barco é pequeno, 
imos remar arrastrando o cú para facer unha pequena travesía.


Podemos xogar aos avións e de paso facer un de papel para ver quen o lanza máis lonxe, se chega a un sitio determinado, pasalo con alguén sen que caia... Déixovos un vídeo para explicar como se fai de forma moi sinxela.

2 comentarios: