lunes, 25 de mayo de 2020

MOSCA-STOP (3 ANOS)

SABEDES QUE AS MOSCAS POLA NOITE SE NON HAI LUZ QUEDAN MOI QUIETAS, CASE SEN MOVERSE PARA QUE NON AS VEXA NINGUNHA ARAÑIÑA OU PREDADOR?

SE VEN LUZ VOAN A ESE LUGAR INMEDIATAMENTE!

IMOS XOGAR A SER MOSCAS DE NOITE CO XOGO MOSCA-STOP!

O XOGO VAI CONSISTIR EN VOAR COMO MOSCAS AO RITMO DUNHA MÚSICA QUE NOS GUSTE. NO MOMENTO QUE PARE A MÚSICA QUEDAMOS QUIETOS/AS COMO MOSCAS DE NOITE SEN LUZ.

MANDADE ALGUNHA FOTO QUE QUEREMOS VERVOS!


No hay comentarios:

Publicar un comentario